Poio presenta o seu Programa de Prevención do Absentismo Escolar

    PROGRAMA_PREVENCIONcopy.jpgPOIO> O obxectivo deste programa é reducir na medida do posible as cifras de absentismo nos centros escolares da localidade.

    {flowplayer}images/salnes/ABSENTISMO_ESCOLAR.flv{/flowplayer}

    Grazas á actuación interdisciplinar entre as concellerías de Educación, Sanidade e Benestar Social, centros escolares e asociacións de pais de alumnos, hoxe presentaron no Casal de Ferreirós, en Poio, o programa de prevención e control do absentismo escolar.

    Un traballo que xa comezou a desenvolverse nos colexios do municipio a comezos deste curso escolar. O programa consistirá na convocatoria de reunións informativas e unha comisión técnica que será a encargada de determinalas actuacións que se van levar a cabo. Todo cun claro obxectivo de reducir na medida do posible as cifras de absentismo nos colexios.

    Ó acto tamén acudiu o xefe territorial de educación en Pontevedra quen destacou a importancia destes programas para evitar o fracaso escolar. Pola súa parte, o alcalde de Poio, mostrou a súa satisfacción polo traballo realizado polos diferentes organismos que participaron.

    Agora, desde o concello agardan que este programa de os seus resultados e diminúan as cifras de abasentismo nos diferentes centros de Poio.

    Redacción Salnés