EU denuncia o falla de austeridade do executivo local

    VILAGARCIA> Mal empezan as relacións entre o executivo local de Vilagarcía cos edís de Esquerda Unida. O equipo que lidera…

    {flowplayer}images/salnes/xuntanza_eu_goberno_local_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    …Juan Fajardo fixo unha valoración máis que negativa da primeira xuntanza de traballo que mantiveron entrámbolos grupos, a escasos catro días da celebración do primeiros pleno. Os de Esquerda Unida acusan ós populares de contar verdades a medias para ocultar que non vai a haber a austeridade prometida nos seus cargos, senón que van a argallar pillerías para que os edís liberados cobren por outros conceptos, como pode ser asistir a comisións informativas.

    Os esquerdistas mesmo denunciaron que lles estaban a propoñer un cambalache de postos; segundo o que apoiasen ían a ter máis ou menos representación en entes vitais para a economía vilagarciá como pode ser Fexdega ou o propio porto vilagarciá. Ante esta situación, desde EU propoñen recortes nos soldos de ata o 25 %; empezando polo alcalde, que segundo eles non deberá cobrar máis de 35.000 euros anuais.

    Propoñen tamén outras medidas de aforro como que non se cobren as asistencias ás comisións informativas, ou que ás mesmas asista un membro de cada grupo opine mediante o sistema de voto ponderado. Fajardo asegura tamén que se enteraron pola prensa da convocatoria do pleno do luns, co que entende que esta lexislatura vai a ser un calco do goberno nos tempos de Javier Gago.

    Redacción Salnés