Durán interésase en Cuxhaven polo sector conserveiro

    gonzalo_duran_cuxhaven100.jpg VILANOVA> O concello proporá ás conserveiras locais que diversifiquen a materia prima para ter traballo todo o ano.

    {flowplayer}images/salnes/convenios_alemania_vilanova.flv{/flowplayer}

    O alcalde Gonzalo Durán visitou unha fábrica de peixe alemana na súa recente visita a Cuxhaven. Nesta empresa, cando remata a tempada de atún ou sardiña, pasan a facer conservas de polo asado ou fritido, de comida para nenos ou mesmo comida para gatos.

    Na visita á provincia alemana, o rexedor vilanovés tamén constatou un grande interese dos alemáns por aprenderen español e por viren a Vilanova a practicalo. O Concello propúxolles nun inicio un campamento de verán para mozos pero agora tratará de ampliar a oferta.

    Durán tamén conversou cos seus colegas alemáns de traballo, en resposta á petición de varios veciños que queren ir a Cuxhaven a buscar emprego. Pese a que a taxa de paro alá é máis baixa que en España, é do 8 por cento, Durán advirte que os soldos son tamén máis baixos que aquí. Inda así informou que mantivo contactos con constructoras e fábricas de pescado.

    Redacción Salnés