Catro persoas resultan feridas nun accidente de tráfico en Adina

    accidenteadina_100_310707.jpgSANXENXO > Os feitos rexistráronse na EP 9206 arredor das 10:50 horas con motivo da colisión frontolateral entre dous vehículos.

    Un dos coches era un Fiat Punto de cor gris e matrícula 4971 DSX conducido polo veciño de Portonovo R. M. F., de 21 anos, que foi trasladado polo 061 ó Hospital Domíguez de Pontevedra, e un Ford Scort verde con matrícula C-7246 BS conducido por un veciño de Cambre, M. S. P., de 70 anos, que foi desprazado ó Punto de Atención Continuada (PAC) do Centro de Saúde de Baltar, ó igual que outros dous ocupantes do turismo, J. L. S. de 67 anos e J. R. S. L. de 27.

    accidenteadina2_200_310707.jpgAta o lugar do accidente acudiu a Policía Local de Sanxenxo, a Gardia Civil de Tráfico e o Servizo de Xestión de Emerxencias de Sanxenxo coa bomba rural lixeira, o furgón de salvamentos varios e a unidade de mando e comunicacións.

    Colisión en Baltar

    Por outra banda a Policía Local de Sanxenxo interviu a pasada madrugada nun accidente de tráfico no que non se rexistraron feridos. Os feitos producíronse na rotonda de Baltar, en Portonovo, cando chocaron por alcance dous vehículos, un Seat León de cor vermella con matrícula 1753 DLB e un Seat León gris plata con matrícula 6277 CXH.

    Ata o lugar do sinistro desprazouse tamén o Servizo de Xestión de Emerxencias de Sanxenxo co furgón de salvamentos varios e a bomba rural lixeira, anque finalmente non foi precisa a súa intervención.

    Redacción Salnés