‘A macro área non se verá afectada polo novo decreto do comercio’

    gonzalo_Duran_centro_comercialcopy.jpgVILANOVA> Así o asegurou o alcalde do municipio, Gonzalo Durán, e lembrou que a recalificación dos terreos foi aprobada no pasado mes de decembro.

    {flowplayer}images/salnes/GONZALO_DECRETO_CENTRO_COMERCIAL.flv{/flowplayer}

    Despois de que onte o Consorcio de Comercio do Salnés se pronunciara a favor do novo decreto do comercio da Consellería de Industria polo que, ó seu parecer, a macro área de San Miguel de Deiro, en Vilanova, sería inviable, dado as esixencias que contempla, hoxe o alcalde vilanovés mostrouse tranquilo.

    O novo decreto do comercio recolle por unha banda o endurecemento da recalificación dos terreos e, por outra, a obrigatoriedade de habilitar unha liña de autobuses con frecuencia horario entre a área comercial e o seu ámbito de influencia.

    Ante este documento, e a pesares das declaracións vertidas onte polo Presidente do Consorcio de Comercio do Salnés, o alcalde de Vilanova aclarou que o proxecto non se vai ver afectado xa que os terreos están recalificados desde decembro.

    Ademais, Durán sinalou que o contencioso que o Consorcio ten presentado contra o centro comercial de San Miguel, non se verá afectado pola nova Lei xa que o proxecto terá que ser xulgado coa lei que había en vigor no momento no que se aprobou e non por unha que aínda non están promulgada.

    En relación ó proceso de tramitación no que se atopa o proxecto da macro área, o alcalde vilanovés sentenciou que van por bo camiño polo que mandou unha mensaxe de tranquilidade ós veciños.

    Redacción Salnés