![]()
PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra acordará na sesión plenaria ordinaria de xaneiro do vindeiro luns…
{flowplayer}images/salnes/xunta_voceiros_pontevedra.flv{/flowplayer}
… conceder os premios Cidade de Pontevedra 2013 ó deportista David Cal, no eido das persoas físicas; e á empresa Hifas da Terra, no apartado dos entes xurídicos.
O padexeiro, natural de Cangas, que ven de acadar a súa quinta medalla olímpica o pasado verán en Londrés recibirá este recoñecemento na Cidade onde adestra, que é testemuña dos seus moitos esforzos previos ós seus logros.
No caso da empresa Hifas da Terra da bióloga Catalina Fernández de Ana, premiouse o esforzo na investigación e na innovación dunha empresa con sede en Bora e proxección internacional; que amais da emprego cualificado a case trinta traballadores a partires do sector primario.
Estes galardóns entregaranse esa mesma mañá de luns, nun pleno extraordinario, que fará as veces de acto solemne e que terá lugar a unha da mediodía no Teatro Principal e ó que seguirá un xantar de homenaxe ós premiados no Pazo da Cultura.
Antes diso, e dentro deste primeiro pleno ordinario aprobarase tamén, presumiblemente, o orzamento para este ano 2013; e unha modificación das tarifas do servicio de autotaxi que deberá ser ratificada posteriormente por organismos superiores e que suporá na práctica un incremento no custe deste servicio.
Neste pleno non se falará da renuncia dos dous edís do Partido Popular posto que aínda non presentaron a correspondente documentación. Haberá que agardar pois á vindeira sesión para coñecelos detalles da remudala no Grupo popular pontevedrés que lidera Jacobo Moreira.
Redacción Salnés








