O primeiro pleno do Grove determina os soldos do grupo de goberno

    fotoconstitucioncopia.jpgGROVE> Esta primeira sesión celebrouse onte, e nela tratouse a cuestión das dedicacións exclusivas. Outro concello que celebrou o seu primeiro pleno foi Ribadumia.

    {flowplayer}images/salnes/SesionsOrganizacionGroveRibadumia.flv{/flowplayer}

    O novo alcalde do Grove percibirá polo momento, 800 euros brutos ó mes, posto que nun principio terá dedicación parcial, mentres continúe coa xerencia do Consorcio Provincial de Bombeiros. Ata que non se complete o proceso de constitución deste organismo Miguel Ángel Pérez non modificará o seu contrato.

    Alfredo Bea, pola súa banda, manterá a súa dedicación exclusiva cun soldo duns 2100 euros brutos mensuais. Aida Filgueira, sen embargo, terá unha dedicación parcial, pola que percibirá algo máis de 1000 euros.

    Como novidade nesta lexislatura, tódolos membros do goberno terán unha actividade retribuida, percibirán 600 euros ó mes, que significan unha relación contractual co Concello dunhas dúas ou tres horas diarias.

    Segundo o novo goberno as retribucións aprobadas onte suporán un aforro de 22.000 euros mensuais con respecto a anterior lexislatura. Aínda que os grupos de oposición consideran o acordo, excesivo.

    Outra Corporación que celebrou onte o seu Pleno Constitutivo foi a de Ribadumia. Nel nomeáronse os representantes da corporación nos diferentes órganos colexiados e creáronse as comisións informativas.

    A alcaldesa, Salomé Peña será a titular do consello escolar, o Grupo de Acción Costeira e o de Desenvolvemento Rural, así como na mesa de comercio local e o Pacto Territorial de Emprego do Salnés entre outros organismos.

    Tamén quedaron constituídas as comisións informativas, oito en total; cultura e educación, servizos sociais, deporte e xuventude, economía e facenda, persoal, obras e parques, urbanismo e promoción económica e social.

    Redacción Salnés