![]()
LANZADA> Na visita, o Delegado do Goberno en Galicia estivo acompañado polos alcaldes dos concellos de Sanxenxo e O Grove.
{flowplayer}images/salnes/MEDIOAMBIENTE_LANZADA.flv{/flowplayer}
Esta segunda fase da actuación medioambiental na praia da Lanzada permitiu completar o anterior tramo de obras coa construción de novos tramos de senda peonil, reconstrución dos accesos ó areal, reordenación das prazas de aparcamento ou a reparación das varandas existentes. Esta mañá o Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, visitou o remate desta segunda fase na que destacou que a obra ven a supoñer recuperación do entorno como espazo singular.
Paralelamente levaron a cabo outra actuación na que inverteron uns trescentos mil euros e que consistiu na realización dunha pasarela de madeira ata a zona do Sanatorio. Na visita, Antón Louro estivo acompañado pola alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González e o alcalde de O Grove, José Antonio Cacabelos.
Ata o momento, neste proxecto que comezou a executarse no último cuadrimestre de 2009 destinouse un orzamento de máis de millón e medio de euros. O delegado do Goberno informou que xa están a traballar no deseño da última fase de actuación no areal da Lanzada que suporá unha inversión d e cinco millóns de euros.
Redacción Salnés








