O GROVE> Un rapaz de quince anos de idade arroxouse dende unha antiga canteira no Concello de O Grove. Nas inmediacións do lugar do suceso atopouse a bicicleta e unha mochila que contiña unha carta despedíndose da familia e amigos. Supostamente a vida deste neno era completamente normal polo que ninguén se explica o sucedido.
O adolescente meco cursaba os seus estudos no Instituto Monte da Vila de O Grove. Onte asistiu a súas clases con normalidade, na saída acudiu o seu fogar para coller a bicicleta. O parecer o neno escusou a súa marcha pola necesidade de mercar tela para un disfrace de Nadal. Arredor das once da noite os pais acudían o cuartel da Garda Civil para denunciar a súa desaparición. Poucas horas máis tarde un taxista atopaba a bicicleta nas inmediacións da canteira Raimundo Vázquez. Previsiblemente, o rapaz tirouse dunha altura de 13 metros falecendo no acto. Preto da bicicleta atopouse a mochila cunha nota manuscrita no que se despedía da súa familia e amigos. Todo apunta a que o suceso foi premeditado xa que ó parecer o adolescente xa lle comentara a uns amigos que na tarde de onte ía a voar. Os compañeiros de clase están sendo tratados por un psicólogo. Segundo a dirección do centro de estudos a vida escolar e social do rapaz era completamente normal.
Redacción Salnés