Berros, insultos e críticas ao goberno da Illa nun tenso pleno centrado no plan de tráfico

A ILLA>  Pleno de alta voltaxe na Illa centrado no plan de mobilidade. A sesión foi forzada polo PP para escenificar o rexeitamento da veciñanza ás restricións de tráfico para os non residentes nunha parte do centro urbano. O público chegou a parar en varias ocasións a sesión, con apupos e insultos ao goberno local. Socialistas e nacionalistas acabaron tumbado a moción dos populares para botar abaixo todo o plan. Unha votación, ademais, nula de pleno dereito, segundo un informe do secretario municipal.

Os ánimos xa comezaban a caldearse no minuto un deste pleno extraordinaria convocado na Illa, forzado polo PP. Con Matías Cañón sentado ao carón dos concelleiros do PP, o alcalde obrigábao a trasladarse ao outro extremo da mesa do pleno, lugar reservado agora para el como concelleiro non adscrito.

E a partir de aí, a tensión foi medrando aos poucos, co novo plan de tráfico como protagonista. Hostaleiros e comerciantes na bancada, con esquelas, acusando ao goberno local de deixar morrer os seus negocios. Primeira interrupción da sesión dun dos veciños, que remata con expulsión.

O alcalde, defende o plan de mobilidade, insistindo en que son os propios veciños da zona afectada os que levan anos pedindo solucións.

Os populares critican as medidas do plan, dende os lectores de matrícula ata as sancións contempladas, pasando pola xestión dos permisos para acceder dos non residentes. Pídenlle ao executivo que escoite á veciñanza e que abra un proceso participativo.

Na mesma liña, o concelleiro non adscrito Matías Cañón.

Crítica ao BNG por manterse en certa medida á marxe da polémica. O seu voceiro e tenente alcalde di que as competencias en mobilidade son dos seus socios do PSOE e que eles respectan o pacto de goberno. O nacionalista contraataca acusando aos populares de incendiar a política local para tumbar o goberno.

Non foi a única interrupción. A partir deste momento, a sesión converteuse nunha sucesión de intervencións dos asistentes, moi molestos tamén por non ter dereito a ser escoitados.

Tensión que logo se trasladaba á rúa, ao remate do pleno, incluso con ataques verbais a Canal Rías Baixas pola súa cobertura informativa deste plan de mobilidade.  Finalmente, PSOE e BNG botaron abaixo a moción dos populares. Unha votación, así e todo nula de pleno dereito, segundo un informe do que deu lectura ao inicio da sesión o secretario.