O goberno leva a Meis o programa ‘A Administración preto de ti’ para ensinar a facer xestións online

MEIS> O programa administración preto de ti do goberno de España chega ao concello de Meis. Un total de 25 persoas participaron nunha xornada na que coñeceron como realizar trámites online coa administración sen necesidade de desprazarse. Este programa busca axudar ás persoas que viven no rural para manexarse nas novas tecnoloxías e evitar ter que realizar desprazamentos as grandes vilas cando teñan a necesidade de realizar calquera trámite.

O goberno de España puxo en marcha hai uns meses o programa A Administración preto de ti. Unhas xornadas que se realizan en todos os concellos inferiores a 8 mil habitantes para ensinarlles como realizar trámites online coa administración. O programa chegou este mércores ao concello de Meis.

O programa ensínalles a realizar diferentes trámites online evitando así que se despracen a vilas próximas como Vigo, Pontevedra ou Vilagarcía.

Este mércores o programa chegou ao concello de Meis onde participaron 25 persoas. A pesar de ser un municipio ben comunicado, estas xornadas axudan a moita xente maior o que residen no rural.

O programa está preto de chegar ao seu final no concello de Pontevedra. Na nosa contorna quedan pendentes os municipios de Ribadumia, A Illa e Pontecesures.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí