Un incendio nunha vivenda deixa dous feridos leves

    MEAÑO> Un incendio alertou esta tarde este lugar de Coirón, en Meaño. Eran as cinco da tarde cando o lume se iniciou neste anexo á vivenda ocasionando…

    {flowplayer}images/salnes/incendio_casa_coiron.flv{/flowplayer}

    … unha gran fumareda. O matrimonio propietario da vivenda, a súa filla, o seu xenro e o seu neto estaban durmindo porque se levantarán ás seis da mañá para ir a apañar as balocas, cando unha ampla fumareda e un gran estoupido os espertou.

     O lume orixinouse nesta cociña-comedor onde a veces cociñaban ou pranchaban. Cousa que non fixeran neste último día co que non entenden onde puido estar a orixe das lapas.

    A filla e o xenro de Elena foron os primeiros en decatarse do incendio, co que intentaron poñerse a apagalo e afastar a bombona de butano do edificio. Foi entón cando sufriron unha intoxicación por fume, que provocou que precisaran de atención médica. Ata o lugar dos feitos acudiron varios veciños alertados polo chamativo do incendio, os bombeiros do Salnés e a Garda Civil.

    Redacción Salnés