150 escolares participan nun taller medioambiental sobre os humedais

    taller_humedaiscopy.jpgSANXENXO> A media mañá foi a quenda do CEIP Telleiro. O fan para conmemoración o Día Internacional dos Humedais, que se celebra mañá.

    {flowplayer}images/salnes/HUMEDAIS_CEIP_TELLEIRO.flv{/flowplayer}

    Preto de cento cincuenta escolares de 4º de primaria do concello de Sanxenxo participan estes días nun taller medioambiental con motivo da conmemoración do Día Internacional dos Humedais, que terá lugar mañá. Nesta ocasión, baixo o lema ‘Turismo de Humedais: unha gran experiencia’, desde a área de Medio Ambiente pretenden facer reflexionar ós máis cativos sobre a importancia de coidar o noso entorno.

    Unha técnica de medio ambiente do concello de Sanxenxo é a encargada de visitalos diferentes centros do municipio para desenvolver este taller. A media mañá foi a quenda do CEIP Telleiro, de Noalla. A través de diferentes xogos interactivos, desde o concello pretenden achegarse ós máis cativos e chamar a súa atención sobre a importancia de coidar as zonas protexidas do noso entorno.

    E semella que conseguiron chamala súa atención xa que moitos deles souberon á perfección responder ás nosas preguntas sobre os humedais aínda que sempre hai algún que se esquece.

    Mañá será a quenda dos escolares do CEIP Cruceiro e do colexio Abrente.

    Redacción Salnés