O goberno local cre que a sanción de Pesca é propagandística

    CAMBADOS > A Consellería de Pesca impuxo unha multa ó Concello de Cambados por verter augas fecais a un banco marisqueiro da Ría de Arousa. O goberno municipal soubo da nova pola prensa e considera se trata dunha sanción propagandística baseada nunha denuncia política do BNG de Cambados.

    A Consellería de Pesca multou ó Concello de Cambados con 60 mil euros por vertidos urbanos na zona do Facho. O goberno local recoñece que 30 vivendas da zona de Castrelo verteron a un bombeo avariado pero non cre que esto contaminase o marisco. Ademais, lembra que grazas ó apoio da Deputación de Pontevedra están a facer un esforzo para colocar unha nova depuradora que solucione o problema.

    O concello asegura que soubo desta sanción pola prensa e non pola Consellería. Apuntan incluso a unha filtración dun funcionario do BNG á prensa. Os Populares afirman que se trata dunha sanción propagandística, baseada nunha denuncia política do Bloque de Cambados sen máis argumento formal que unhas fotos do lugar do vertido. Polo tanto cren que teñen base argumental sólida para recorrer e cren que gañarán. Para o goberno local de Cambados, a sanción forma parte da estratexia do Bloque e do PSOE de acosar ós concellos onde goberna o PP para desgastalo cara as próximas eleccións municipais.

    Redacción Salnés