O PSOE expón ós grupos da oposición a súa proposta de goberno

    psoe_caldascopy.jpgCALDAS> O rexedor municipal propón seis concellerías, unha única dedicación exclusiva, que sería a súa, e a conxelación do seu soldo.

    {flowplayer}images/salnes/PrevioPlenoOrganizacionCaldas.flv{/flowplayer}

    A proposta de Juan Manuel Rey inclúe ademais a conxelación do seu soldo, que se mantería nos 2000 euros netos ó mes, que xa viña cobrando na lexislatura anterior, tema que tamén se tratará no pleno do xoves.

     Ademáis o rexedor ocuparía tamén unha concellería, a de Promoción Económica e Urbanismo. Xunto con esta propón outras 5 áreas de goberno. Na xuntanza de portavoces celebrada onte Rey deu a coñecer os nombramentos da comisión de goberno e os das comisións informativas. Foi unha reunión distendida na que segundo dixo o alcalde, tamén se puxo de manifesto a importancia destas xuntanzas de portavoces.

    O outro elemento a tratar no pleno do xoves son as comisións informativas, que serán seis, coincidentes en canto á temática coas concellerías. Estarán integradas por tres membros do partido socialista, dous do partido popular e alternaránse cun concelleiro o grupo mixto e o BNG.

    O resto dos asuntos relativos as retribucións que recibirán os concelleiros pola asistencia a xuntas de goberno, comisións e plenos tamén serán debatidos pasado mañá.

    Redacción Salnés