A Illa celebra os 25 anos da independencia de Vilanova

A ILLA> A illa celebra os 25 anos de independencia. Dende a vila recordan con alegría o momento da segregación de Vilanova e sinalan os beneficios que tivo para o municipio. Para celebralo organizarán un evento gratuíto este venres no que actuarán Carlos Blanco, Budiño e as Tanxugueiras.

No ano 1997, e tras moitos anos de loitas e mobilizacións, finalmente a A Illa de Arousa conseguiu a súa segregación de Vilanova e a independencia como concello. 25 anos despois, dende a vila lembran ese momento.

Para conseguilo foron moitas as manifestacións e mobilizacións que se levaron a cabo dende o concello insular.

Dende a vila sinalan que a segregación foi un antes e un despois para toda  a Illa.

Unha vez independizados, dende o concello traballaron con celeridade para dotar á vila dun sistema de saneamento, de depuradora e ademais de establecer un plan xeral para a boa evolución da Illa. Para a vila a segregación só lles deu cousas positivas.

Para celebrar os 25 anos, o concello organizará este venres un festival gratuíto con actuacións destacadas.

Este non será o único acto que a vila realice para conmemorar os 25 anos da segregación pero si será o máis grande, xa que ademais servirá como peche do verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí