O patrón de Cambados chama á calma sobre o libre marisqueo

    CAMBADOS> O patrón maior de Cambados chama á calma sobre a situación so libre marisqueo. Despois de que algúns patrón alertasen da ameaza de falta de produción, e de que moitos mariñeiros decidisen trasladarse á ría de Noia, Ruperto afirma que hai que agardar á reunión coa Consellería para coñecer cal é o estado real dos areais de cara á campaña, que comezará, previsiblemente, en dúas semanas. Ante a inminente apertura da campaña de libre marisqueo, os ánimos dalgúns patróns andan revoltos, debido á falta de resposta da Xunta ás súas peticións de rexeneracións da ría de Arousa. O que provocou que mesmo se alertase da posibilidade da desaparición do libre marisqueo, pola falta de produción. O patrón maior de Cambados, enviou unha mensaxe de tranquilidade, esta mañá, falando con esta casa. Asegura que mentres non haxa a reunión coa Xunta para coñecer o estado actual da ría. O patrón agarda que a reunión se produza esta mesma semana, posto que está previsto comezar a campaña o primeiro día laborable de outubro, como vén sendo habitual. Costa admite que a situación non é boa, pero que prefire ser optimista respecto da campaña. O patrón asegura que as confrarías pediron en tempo e forma á administración unha rexeneración da Ría, que non se fixo aducindo a Xunta motivos técnicos. Con respecto ó traslado de mariñeiros a outras rías, Costa afirma que as causas son económicas.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí