A campaña da centola iníciase no Grove a 24,35 euros o primeiro lote

O GROVE> Arranca a campaña da centola. O primeiro lote vendeuse na lonxa do Grove a algo máis de 24 euros, un prezo semellante ao do ano pasado. A xornada no mar transcorreu sen complicacións. Dentro da ría, ás embarcacións non lles custou chegar ao cupo, fixado nos 35 quilos por barco e día, ao que se engaden outros 35 ao día por cada tripulante.

A expectación é máxima na lonxa do Grove cada vez que se abre a tempada da centola. A rula grovense é unha das máis importantes de Galicia de aí a expectación que se crea coa primeira poxa. Este ano volveu a marcar unha pouco máis de 24 euros. Unha boa cifra similar á do ano pasado.

No Grove saíron a captura da centola máis de 60 barcos. Cunha cota máxima de 35 quilos por mariñeiro e barco, a xornada foi diferente segundo onde faenaran. Os que o fixeron ao abrigo da ría tiveron máis facilidades para completar a cota.

Como explicaba o patrón, a calidade da centola do Grove é indiscutible pero ademais o tamaño tamén acompaña.

Con este inicio, as expectativas do sector son moi boas.

A campaña da centola pode alongarse ata maio o xuño, pero a clave é durante este meses de nadal. O día de reis é o que marca a fina da etapa forte da campaña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí