Os afectados polo corredor reclaman o pago das expropiacións pendentes

pagoexpropiacions100.jpgNOIA> Afectados pola construción do corredor entre Brión e Noia continúan sen cobrar as indemnizacións un ano despois do inicio das expropiacións.

{flowplayer}barbanza/pagoexpropiacionscorredor.flv{/flowplayer}

O pasado mes de febreiro entraba en servizo a totalidade do trazado da vía de alta capacidade que conecta Brión e Noia. A diario, os veciños de núcleos como Vilaverde ou Sampaio ven transitar os coches por onde antes estaban as súas fincas. Mentres boa parte deles continúan sen cobrar a expropiación forzosa dos terreos.

Fases

Os propietarios das parcelas afectadas no proxecto inicial si cobraron a totalidade das indemnizacións. Non aconteceu o mesmo coas contempladas na posterior modificación do proxecto, das que só se procedeu ó pago dunha terceira parte dos afectados.

A estas engádense as novas expropiacións realizadas para conectar o corredor coa estrada AC-543 á altura de Sampaio, 177 novas parcelas que en moitos casos pertencen ós propietarios afectados pola construción do corredor que aínda agardan cobrar as expropiación.

Redacción Barbanza