A demanda dos ciclos formativos desborda as prazas existentes

    ciclosformativosbarbanza.jpgBARBANZA>  A situación podería agravarse en setembro coa apertura dos novos prazos de matrícula.

    {flowplayer}barbanza/ciclos.flv{/flowplayer}

    A formación profesional continúa á súa consolidación no mercado formativo máis ca nunca nun contexto de crise. Con respecto ao ano anterior en España contabilizouse un incremento do 4´7% nos graos medios, e un 5´3% nos graos superiores. Hoxe son demandados e dan saída a unhas expectativas de pronta inserción laboral. Tanta, que algúns centros non poden absorber toda as peticións que se lle presentan, sobre todo nas ramas de administrativo, saúde e electrotecnia. Unha situación coñecida no Barbanza. Dun total de vinteoito ciclos formativos de grao medio e superior cinco ramas están completamente pechados. O I.E.S. de A Pobra do Caramiñal é un exemplo.

    No centro de Coroso, en Ribeira, o ciclo de electromecánica de vehículos conta con 32 reservas nuns estudos que só admite 22 alumnos; no de instalación eléctricas e de frío, teñen 29 preinscritos para o mesmo número máximo de alumnos, 22. No mesmo concello, pero na Escola Naútica Pesqueira, hai 3 persoas esperando a especialidade de operación, control e mantemento de máquinas e instalación de buques. En Porto do Son só queda unha vacante no ciclo medio de condución de actividades físico deportivas no medio rural.

    Revalorización dos ciclos

    Uns estudos que antes se reservaban para as mentes menos espertas e que hoxe son a saída laboral de moitos rapaces que ven como en tres meses conseguen un traballo estable. Clases reducidas, moita práctica e unha estreita relación coas empresas da contorna parecen ser algunhas das claves do éxito duns estudos que noutrahora eran só para os que non acadaban unha praza nas universidades.

    Redacción Barbanza