Outes converterase este mes de agosto no epicentro do piragüismo galego

OUTES> Esta mañá presentábanse no Concello dúas probas de piragüismo que se desenvolverán na enseada de Pontenafonso ó longo deste mes de agosto baixo a organización da Escola de Piragüismo de Outes, e en colaboración coa Federación Galega deste deporte.

A primeira delas será o domingo 19 e correspóndese coa quinta proba do Circuíto da Deputación da Coruña.

A outra das citas será o  sábado 26. Neste caso terá un carácter internacional coa regata de Piragüismo Eurorrexión.

Entre as dúas agardase unha participación de preto de dous mil palistas de categorías bases, procedentes de clubs de toda Galicia e tamén do norte de Portugal.

Dende o Concello destacaron a importancia deste tipo de probas, coas que afirman seguirán a colaborar.

Ademais do aspecto deportivo, as dúas citas sirven de promoción turística para o municipio, xa que con elas daranse a coñecer os encantos do territorio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí