400 ciclistas daranse cita este domingo na BTT Ría de Noia

NOIA> Este vindeiro domingo 5 de marzo terá lugar a novena edición da BTT Ría de Noia. A proba, organizada polo Club Ciclista Toxo, contará cunha participación próxima ós 400 corredores.

O salón de plenos do Concello acollía a presentación da novena edición da BTT Ría de Noia. Organizada polo Club Ciclista Toxo, a proba, de carácterr lúdico e non competitivo, contará con tres distancias: 25, 35 e 45 quilómetros.

A saída da proba está prevista para as nove da mañá dende Labarta, xunto o aparcadoiro Alí existente, para percorrer posteriormente varios dos espazos de maior encanto cos que conta o municipio, como é o caso das ribeiras do Tambre e a central hidroeléctrica, entre outros.

Dende a organización confían en acadar ese día os 400 participantes, unha cifra semellante á da última edición. Ó remate da proba, para todos aqueles que o desexen, haberá un xantar de confraternidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí