O PXOM sonense podería aprobarse definitivamente antes de marzo

    PORTO DO SON> A corporación municipal ultima estes días a convocatoria dun pleno con carácter extraordinario no que se procedería a darlle o visto bo definitivo ó Plan Xeral de Ordenación Municipal. A intención do equipo de goberno pasaba inicialmente por celebralo a últimos desta semana, pero cuestións de última hora, debido á recepción no concello dun informe de calidade ambiental que deberá ser incluído no documento, provocaron un aprazamento da sesión, que seguramente teña lugar a vindeira semana. A empresa redactora do PXOM xa está man á obra para incluír este informe no planeamento e entregalo no concello, para que dende alí se lle faga chegar tamén ós grupos da oposición para o seu estudo e análise. O equipo de goberno, co seu alcalde á cabeza, Luís Oujo, pretende salvar canto antes este trámite para que a Xunta poida aprobar definitivamente o PXOM sonense no primeiro trimestre deste ano.