Máis de 40 establecementos de Boiro súmanse á Noite Aberta da ABE

BOIRO> A Asociación Boirense de Empresarios celebra este fin de semana unha nova edición da Noite Aberta. Máis de corenta establecementos, tanto comercial como hostaleiros, súmanse a esta iniciativa que repartirá numerosos agasallos directos en vales de compra.

Este sábado o comercio de Boiro volverá celebrar unha das súas citas máis destacadas., Na Noite Aberta participarán 44 establecementos que ofrecerán descontos e abrirán en horario ininterrompido. A partir das seis da tarde instalarase tamén a ruleta da fortuna na que os clientes poderán realizar unha tirada por cada dez euros de compra optando a numerosos premios.

Ademais dos descontos haberá degustacións gastronómicas, música en vivo e animación de rúa ó longo de toda a xornada. Como novidade, a ABE alugou un carro de palomitas para repartir entre os clientes dos establecementos participantes.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí