Unha delegación de profesionais alemáns visitan o Hospital do Salnés

    VILAGARCÍA> O grupo está formado por profesionais da medicina e da ensinanza sanitaria que percorreron as instalacións do hospital comarcal.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_CUXHAVEN.flv{/flowplayer}

    Na visita desta mañá tivo especial protagonismo o programa para tratar o ictus cerebral a través da telemedicina que dende hai meses pon en práctica o Salnés, en colaboración coa unidade especializada do Policlínico de Santiago.

    Un ano máis, oito profesionais do mundo da medicina e da enfermaría do hospital alemán de Cuxhaven percorreron o hospital do Salnés coa intención de intercambiar coñecementos con colegas do centro comarcal. Unha experiencia sobre a que manifestaron a súa satisfacción.

    Para mañá, a axenda da delegación xermana inclúe unha visita e reunión no Hospital de Montecelo co xerente José Manuel González e outros profesionais da medicina e a ensinanza na área sanitaria.

    Redacción Salnés