Louzán volveu a declarar nos xulgados de Cambados polo caso dos alugueiros en Vigo

    CAMBADOS> O expresidente da Deputación de Pontevedra e do PP provincial, e actual presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, volveu este mércores aos Xulgados de Cambados, para comparecer en relación ao caso dos alugueiros duns baixos comerciais en Vigo. 

     

    Rafael Louzán chegaba este mércores aos xulgados de Cambados, no entorno das 9:30 da mañá, para comparecer ante o xuíz en relación ao caso dos alugueiros duns baixos comerciais, que o ex presidente da Deputación posúe en Vigo. Unha causa que segundo Louzán afirma, solo se explica pola súa condición de expresidente do ente provincial. 

    Rafael Louzán alugou durante o 2008 os locais ao exdeputado provincial Severino Reguera e unha denuncia anónima propiciou a investigación do ministerio fiscal, que entende que o expolítico puido cobrar un prezo por riba do valor de mercado. Algo que o actual presidente da Federación Galega de Fútbol nega. 

     O expolítico de Ribadumia xa declarou por esta mesma causa no mes de marzo. Na vista deste mércores, ca que segundo afirma Rafael Louzán, remata a fase de instrución, o xuíz decidirá si declara a apertura dun xuízo ou pola contra arquiva o caso.  

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/26/declaracion_louzan_xulgados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/26/declaracion_louzan_xulgados.mp4{/flowplayer}¡