![]()
VILAGARCÍA> O certame celebrarase este venres, e contará coa participación de oito comercios do centro da vila.
{flowplayer}images/salnes/CONCURSO_ESCAPARATES.flv{/flowplayer}
Durante todo este venres, oito tendas repartidas entre as rúas Rei Daviña, Castelao e Praza Galicia, unificarán os seus escaparates para participar no primeiro concurso deste tipo organizado por Zona Aberta.
A pesares de que este é o primeiro ano que se celebra o concurso, xa na campaña pasada a asociación incluíu unha iniciativa semellante entre as diferentes actividades. O seu éxito animou a convocatoria deste certame.
As propostas dos establecementos serán valoradas por un xurado formado por representantes da Dirección Xeral de Comercio, do Concello, da Deputación de Pontevedra e dun deseñador de moda de Vilagarcía. A entrega de premios, na que os gañadores recibirán unha semana gratis de publicidade na radio, celebrarase o mesmo venres ás 9 da noite.
Redacción Salnés






