O PP defende que o a nova Lei de Saúde blinda a existencia do Salnés

    VILAGARCÍA> O Partido Popular sae ó paso das críticas da oposición no Salnés á reforma da Lei de Saúde Pública. Representantes do partido na comarca, asistiron esta mañá en Vilagarcía a unha reunión con representantes do PP Provincial. Trala mesma, ante os medios de comunicación, aseguraron que esta reforma favorece ás persoas e negan que o Hospital do Salnés vaia perder autonomía. Os representantes do PP de Cambados, Ribadumia, Vilagarcía, e o presidente da Mancomunidade do Salnés asistiron esta mañá en Vilagarcía a unha reunión co Partido Popular provincial, para explicar trala mesma con detalle a reforma da Lei de Saúde Pública. Os populares saen ó paso das críticas dos alcaldes da oposición no Salnés, que aseguran que coa nova lei, que elimina o actual mapa das áreas sanitarias, os Hospital da comarca perderá autonomía. Desde o pp provincial, aseguraron esta mañá todo o contrario, e afirmaron que esta reforma favorecerá ós cidadáns. O deputado Aurelio Núñez explicou que con esto se pretende blindar a existencia dos hospitais comarcais. Cada distrito terá que ter un centro deste tipo, e facilitará o incremento dos recursos e facilidade para desprazas especialistas entre centros da mesma área. O deputado destacou tamén que desde o ano 2012 os hospitais comarcais atenderon 260.000 consultas en Galicia, e a Xunta investiu 20 millóns de euros nestes centros. A deputada Marta Rodríguez subliñou que no Salnés en concreto, investíronse 9 millóns de euros. Pola súa banda, o presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, cualificou de vergoña que se queira dar a entender que o PP queira acabar co Hospital do Salnés, cando foi este partido o que conseguiu sacar adiante o centro e amplialo. Desde o PP provincial afirmaron tamén que terán reunións con alcaldes e representantes municipais da zona para aclarar calquera dúbida respecto dos cambios que suporá este reforma para o hospital da comarca.