VILAGARCÍA> Os parquistas de Carril defenden o seu proxecto para a nave do Ramal. Esta mañá negaron que nesas instalacións se vaia vender marisco, tal como denuncia a Confraría carrilexa. Aseguran os parquistas que a nave non vai ser unha lonxa encuberta, senón que coa ampliación de usos o que se busca é potenciar o sector e promocionar a ameixa de Carril, tendo en conta que a lonxa estaba a quedar pequena para o volume de produción. Din que a previsión é abrir a nave antes do verán.
Así loce xa a nave do Ramal logo da reforma impulsada polos parquistas de Carril. Un proxecto que, segundo avanzaron hoxe, queren que comece a funcionar antes deste verán. Defenden a súa idoneidade, reivindicando que aquí se vai facer o que está contemplado no convenio coa confraría carrilexa.
Villanueva lamenta que se estea terxiversando o proxecto. Asegura que con el se está a potenciar os parquistas, pero lamenta que no pósito queiran botalo abaixo.
Aseguran que o que se trata é de canalizar por aquí o máximo de vendas posible a través da lonxa de Carril e que aquí haberá unha nave de clasificación é outra de promoción. Din que non se vai vender nada pero defenden que a ampliación de usos é precisa para potenciar o sector.
Pola súa banda aseguran que non teñen pensado rachar ese convenio coa confraría, pero que todo ten un límite.
E apoiando o proxecto dos parquiestas, estivo hoxe tamén no Ramal a Asociación Galega de Empresarios Depuradores de Moluscos.
E animou aos parquistas a seguir avanzando neste proxecto e mellorando a súa produción e o seu produto.











