![]()
VILAGARCÍA> Con esta visita, é o segundo cruceiro que recibe o Porto de Vilagarcía este mes e o terceiro da temporada.
Trátase do ‘Princess Daphne’, un buque procedente de Portugal e con destino ó porto francés de St. Malo, que ademais conta cunha capacidade para 560 pasaxeiros.
Xa é a cuarta ocasión na que este barco recala neste porto. Unha das principais novidades é que grazas á colaboración da Autoridade Portuaria, da asociación de comerciantes Zona Aberta, da Asociación de Hosteleiros e Iniciativas Turísticas de Vilagarcía e do concello, puxeron un tren turístico a disposición dos pasaxeiros. Este realizará o percorrido entre o porto e a Praza de Galicia, prestando o mesmo servizo que ofrecían ata agora, de maneira gratuíta, os autobuses.
Hosteleiros, comerciantes e Autoridade Portuaria xunto ó concello de Vilagarcía traballan, ademais, na posta en marcha de outras iniciativas que favorezan a elección da capital Arousá coma destino dos pasaxeiros de cruceiros.
Redacción Salnés








