![]()
CAMBADOS> Unha remodelación integral, segundo o Presidente, que ven a dar unha nova imaxe á fachada marítima do municipio.
{flowplayer}images/salnes/SOCIEDADE_CULTURAL_CAMBADOS.flv{/flowplayer}
Esta obra de remodelación integral da Sociedade Cultural de Cambados conta cunha inversión duns setecentos mil euros por parte da Deputación de Pontevedra. Esta mañá o Presidente do ente xunto ó alcalde do municipio supervisaron os traballos. Segundo Rafael Louzán trátase dunha obra que cambiará por completo a fachada marítima da vila.
Pola súa banda, o alcalde cambadés, Luis Aragunde, confesou que a reforma era xa unha necesidade. Ademais, informou que asinaron un convenio de colaboración coa entidade cultural para o desenrolo de diferentes actividades.
O Presidente da entidade, Luis Somoza, só tiña palabras de agradecemento para a Deputación e o concello. Agora, agarda que cando estean as obras rematadas, as instalacións sexan empregadas por tódolos veciños de Cambados e, por suposto, pola mocidade.
Aragunde non se aventurou a dar unha data de finalización dos traballos pero confesou que se dilatarán debido á tempada estival e á necesidade de compaxinalos coas obras da avenida de Galicia.
Redacción Salnés









