Os nenos de Ribadumia aprenden seguridade viaria nun divertido circuito

RIBADUMIA> En Ribadumia, os rapaces do colexio de Barrantes, aprenden estes días normas de seguridade viaria. Os cativos están a participar nun circuíto no que descobren o significado dos sinais de tráfico ou como se deben cruza-los pasos de peóns dun xeito seguro.

Vaiamos a pé ou sobre rodas, as normas de circulación viaria serven para garanti-la nosa seguridade. Durante esta semana, os alumnos do Julia Becerra están entrando en contacto co mundo da condución segura, porque na estrada todos estamos conectados.

A través dun completo circuíto de rúas, con rotondas, semáforos e pasos de peóns, os máis cativos toman conciencia de por onde se pode circular e por onde non e, o máis importante, da necesidade dun respecto mutuo entre peóns e condutores.

 

A inciativa serviu tamén para memoriza-las sinais de tráfico máis frecuentes, algo esencial para pequenos e maiores para evitar sobresaltos na calzada. Trala actividade, os nenos volven para clase –como ven- dun xeito seguro, coa lección ben aprendida.