A Xunta inviste 28 mil euros na renovación de 7 parques infantís de Ribadumia

RIBADUMIA> A Xunta de Galicia investiu 28 mil euros na mellora de 10 instalacións municipais de Ribadumia. As axudas permitiron actuar en sete parques infantís, no pavillón de Sisán, no centro social de Barrantes e no arquivo municipal. Ambas administracións xa traballan en novos proxectos para este 2022.

Os nenos e nenas de Ribadumia gozan dende hai uns meses dos renovados parques infantís da vila. O concello, coas axudas da Xunta, mellorou ata 7 zonas de xogo dos máis pequenos da vila. As subvencións tamén permitiron actuar no pavillón de Sisán, no centro social de Barrantes e no arquivo municipal.

Estas axudas permitiron mellorar as instalacións municipais e actuar e todas as parroquias.

Os custos das reformas roldaban os 40 mil euros, dos cales o 70% aportouno a Xunta de Galicia.

Xunta e goberno local xa traballan nos proxectos a desenvolver neste 2022. O concello recibirá as axudas do fondo de compensación ambiental e do de infraestruturas para realizar actuacións como a renovación da iluminación do campo de fútbol de Barrantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí