CATOIRA> A Subdelegación do Goberno en Pontevedra oponse á instalación dun almacén de pirotecnia en Coaxe, na parroquia catoirense de Dimo. O alcalde en funcións fixo público hoxe o pronunciamento do organismo, no que os seus técnicos informan desfavorablemente o proxecto. Alberto García acusou tamén ao BNG de empregar esta problemática durante a campaña. A pesares de que o candidato e futuro alcalde de Catoira, asegurou García, coñecía que a palabra última dependía da Subdelegación e non do concello.
A Sudelegación do Goberno en Pontevedra di non á instalación do almacén de pirotecnia en Coaxe, no concello de Catoira.
Segundo o alcalde en funcións, este informe vai n aliña das diferentes resolucións asinadas por el dende o concello. Alberto García apuntou que en todo momento se opuxeron á instalación da pirotecnia.
García criticou ao BNG por empregar a polémica levantada pola posible instalación da pirotecnia durante a campaña electoral. O rexedor en funcións apuntou que o informe da Subdelegación chegou ao concello en abril e que decidiu non facelo público para, precisamente, non influír no proceso electoral.
O socialista apuntou que descoñece se a empresa promotora do almacén de pirotecnia ten intención de recorrer a decisión da Subdelegación do Goberno.