Rouban nun restaurante e levan 2500 euros da máquina comecartos

    rouborancho copia100.jpgCATOIRA> Este é o terceiro roubo que o restaurante ‘O Rancho’ sofre nun ano, pero o segundo en algo máis de tres semanas.

    {flowplayer}images/salnes/ROUBO_RESTAURANTE_CATOIRA.flv{/flowplayer}

    Despois de intentar forzar outras dúas fiestras, esta foi a través da cal os ladróns conseguiron entrar no establecemento ó redor das tres e media da mañá. A pesares de que a zona está moi transitada polos coches, non foi impedimento para o roubo, no que se levaron un botín de 2500 euros.

    Os cartos correspondíanse coa recadación da máquina comecartos, o único obxectivo que tiveron no interior do local.

    Segundo a propietaria, os ladróns perpetraron o atraco nuns trece minutos. O tempo que tardou o seu xenro e un grupo de amigos en chegar ó local, despois de recibir o aviso da compañía de alarmas.

    Este é o terceiro roubo que o restaurante sofre nun ano, pero o segundo en pouco máis de tres semanas. Na anterior ocasión, os obxectivos foran as recadacións da máquina comecartos e da expendedora de tabaco. Tanto nesa ocasión como na do venres pasado, as perdas foron importantes, pero o que máis preocupa á propietaria é a inseguridade.

    A mesma madrugada do roubo, a Garda Civil trasladouse ata o local para recoller probas. A pesares de que a propietaria denunciou o suceso á mañá seguinte, a día de hoxe non existen pistas sobre a identidade dos ladróns.

    Redacción Salnés