O Gran Cormorán navega xa polas augas de Arousa

    TRAVESIA_CORMORAN copia.jpg AROUSA> O catamarán cobre a ruta valleinclaniana entre A Pobra e Vilanova. A primeira singladura estivo apadriñada por varias autoridades locais.

    {flowplayer}images/salnes/travesia_cormoran.flv{/flowplayer}

    O catamarán Gran Cormorán Jet realizou esta fin de semana a viaxe inaugural da ruta valleinclaniana, que une Vilanova de Arousa e A Pobra do Caramiñal. O barco ten o seu porto base na dársena de Vilanova, onde se está a construír unha Estación Marítima, que xestionará a adquisición de billetes para esta viaxe. Na primeira singradura participaron autoridades de Vilanova, como o alcalde Gonzalo Durán e varios edís do grupo de goberno, así como representantes da agrupación de comerciantes Vilanova Centro. Con este proxecto recupérase en Vilanova un mercado marítimo, o de pasaxeiros, que se perdera nos anos oitenta.

    Este catamarán levará pasaxeiros dunha marxe a outra da ría de Arousa, especialmente a turistas ós que amosar as riquezas gastronómicas e paisaxísticas da zona. Os primeiros pasaxeiros desta ruta foron recibidos na Pobra polo alcalde Isaac Maceiras. 

    O Gran Cormorán realizará viaxes entre a Pobra e Vilanova os sábados e domingos. Durante a semana fará unha ruta mariñeira pola ría arousá e ten prevista tamén unha Ruta Xacobea.

    Redacción Salnés