A CIG mobilízase fronte Vertifil para reclamar a readmisión da traballadora

    vertifil copia100.jpgMORAÑA> O sindicato presentará unha denuncia no Xulgado do Social, e continuará as concentracións ata que exista unha solución.

    {flowplayer}images/salnes/CONCENTRACION_VERTIFIL_INDUSTRIAL.flv{/flowplayer}

    Concentracións semanais ata conseguir a readmisión da compañeira despedida. Esta é a intención da CIG, que hoxe celebrou a primeira destas iniciativas. Durante o cambio de quenda da fábrica deste mediodía, preto dunha vintena de traballadores reuníronse ante a nave da empresa Vertifil, no polígono de Mirallos, para protestar pola decisión.

    Dende a organización sindical, o despido da traballadora interpretouse como unha persecución por exercer os seus dereitos sindicais. Ademais, aseguran que non é a primeira vez que algo así sucede, unha situación favorecida pola xuventude da plantilla.

    Con esta concentración, a CIG daba por finalizado o período de rectificación que ofreceran á empresa a semana pasada. Os sindicalistas aseguraron que non recibiron noticias da empresa, polo que a curto prazo presentarán unha denuncia no xulgado do social.

    A CIG xa anunciou que seguirá convocando as concentracións ata que a empresa readmita á traballadora ou o xulgado do social tome unha decisión sobre o caso.

    Redacción Salnés