SALNÉS> Amegrove InterRías finalizou no oitavo e último posto no Campionato de España de Traineras celebrado esta fin de semana en Castro Urdiales. Repetiu o resultado do ano pasado pero con sensacións moi diferentes, xa que os pupilos de José Ángel Cambados conseguiron poñer contra as cordas ó anfitrión Castro na final de consolación.
Pero non estaban no seu mellor nivel e no último largo deixaron escapar as opcións de facer algo grande. Ademais, porque a embarcación moañesa Tirán fixo unha fantástica regata e incluso marcou o terceiro mellor tempo de entre as oito tripulacións. O título nacional volveu recaeu en Kaiku, por terceira vez consecutiva, e o subcampionato foi para Urdaibai.
En canto á regata femenina Trofeo Federación Española de Remo, a embarcación boirense Galicia Rías Baixas proclamouse campiona de España por diante do seu gran rival Getaria.
Por certo, que Tirán e Amegrove serán as dúas únicas tripulacións galegas que competirán o 1 de setembro en Donosti na regata clasificatoria de La Concha. Os organizadores convidaron a Tirán por militar na ACT e a Amegrove por liderar a Liga Galega de Traíñas.
Redacción Salnés