MORAÑA> O torneo terá lugar o vindeiro día 29. No acto de presentación desta mañá estivo presente a alcaldesa María Luisa Piñeiro e o padriño desta edición, o adestrador ferrolán Moncho López.
{flowplayer}images/salnes/baloncestoEspeto_220711.flv{/flowplayer}
A mañá de hoxe foi a elexida pola Asociación Deportiva e Cultural Espeto para presentar un dos torneos máis carismáticos do verán, o 3×3 de baloncesto Carneiro ó Espeto. Celebrarse o día 29 de xullo, no que será a primeira xornada das tres que durará a festa do mesmo nome. No acto desta mañá estiveron presentes a alcaldesa María Luisa Piñeiro, Xosé Luís Renda, en representación da Federación Galega e o gran protagonista, o padriño Moncho López, actual técnico do Porto e ex seleccionador nacional español e portugués. Sucede nesta honra a Alberto Blanco.
O padriño recibíu por parte da organización varios agasallos: unha estancia para dúas persoas nas termas de Cuntis, unha placa conmemorativa por parte do concello e unha camiseta co seu nome e o número 11, o mesmo que edicións leva este torneo.
Dende a organización agardan que participen máis de 30 equipos nesta competición que coma sempre terá un formato de liguiña e eliminatorias. Aínda que o prazo de inscripción, que é gratuíta, non se pecha ata o martes, xa confirmaron a súa presencia equipos de Cantabria, Asturias, Madrid, Castela e León ou Andalucía.
Repartiranse 1.300 euros en premios, así como trofeos e material deportivo entre os mellores clasificados. Tódolos participantes poderán desfrutar dunha comida na Carballeira de Santa Lucía así como das numerosas zonas con actividades de lecer que serán instaladas.
Redacción Salnés