Nin Portonovo nin Céltiga chegan no mellor momento ó derbi

SALNÉS> Na Preferente un partido destaca sobre o resto, o que vai enfrontar en Baltar a Portonovo é Céltiga. Un duelo de rivalidade comarcal no que se xogan máis os visitantes. Tamén xogará na casa o Ribadumia, que recibe ó Alerta Travesas.

{flowplayer}images/salnes/derbi_170212.flv{/flowplayer} 

Nin Portonovo nin Céltiga chegan no mellor momento ó derbi deste domingo. Os locais sumaron tan só un punto dos últimos nove posibles, mentres que os da Illa tan só foron quen de levarse a victoria en un dos últimos seis encontros. Quizáis vaille máis no envite ó cadro visitante, toda vez que en Portonovo semellan ter asumido que o ascenso este ano non é posible.

A iso quere engancharse o Céltiga que non pode deixar escapar máis puntos. Os de Núñez, baixan o seu nivel como visitante e teñen que comezar a reaccionar fora da casa. Enfronte, un Portonovo que xoga moito máis cómodo cando actúan como local.

No apartado de baixas, Unai pérdese o choque nun Céltiga que recupera a Beni. No Portonovo non poderá estar, tamén sancionado, Melchor. Luís Casais confía en recuperar a Chichi e Aarón mentres que Andro volverá á convocatoria tras superar a súa lesión.

Esta xornada o Ribadumia recibe ó Alerta Travesas. O conxunto de Pablo Vázquez precisa acadar certa regularidade de resultados se é que quere estar na cabeza. Enfronte terán a un rival dos da parte baixa da táboa, o que lle está a costar moito sumar. Nos da Senra son dúbida Santos, Miguel, Manu, Roi e Moncho, por proceso gripal. Os que sí estarán, xa recuperados, son Berto e Manu Conles.

Redacción Salnés