Ribeira acolle esta fin de semana o Campionato de España de Kempo

RIBEIRA> A actividade, organizada polo Club Kempo Barbanza e Federación Española de Kárate, terá lugar na Fieiteira.

Esta mañá presentábase no concello de Ribeira o Campionato de España de Kempo que terá lugar durante toda esta fin de semana. Na competición daranse cita uns 350 loitadores, con presenza de tódalas comunidades autónomas.

O club organizador, o Club Kempo Barbanza, agradeceron a implicación do Concello, xa que sen a súa axuda este campionato non podería realizarse.

Tanto o alcalde, manuel Ruíz, coma o edil de Deportes, Anxo Orellán, animaron a acudir a presenciar este Campionato dado o alto nivel dos competidores participantes.

O Campionato abarca tódalas modalidades en competición dende as mías pequeñas ata master, nas especialidades de kata, kobudo, defensa persoal, semikempo e semicontacto continuo, así como tamén o full kempo. Coma novidade é que o evento poderá ser visionado en directo por streaming vía YouTube.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí