![]()
VILAGARCÍA> O novo campo estará ubicado nos terreos anexos do Pazo de Rubiáns. Conta cun investimento inicial de 1.100.000 euros e xerará 15 postos de traballo.
{flowplayer}images/salnes/PROXECTO_GOLF_RUBIANS.flv{/flowplayer}
Un campo pequeno de entre 11 e 12 hectáreas, que achegue o golf ó pobo e que ofreza ós seus socios a máxima comodidade, son os piares nos que Arousa Golf asentou o se proxecto para o campo de golf do Pazo de Rubiáns.
A firma leva traballando preto dun ano neste proxecto, que conta cunha inversión inicial de 1.100.000 euros. A empresa agarda poder abrir as instalacións en xuño de 2012, xerando 15 postos de empregos directos.
Como proxecto deportivo, Arousa Golf planea a creación de escolas para formar ós socios e dun centro de alto rendemento. Dous elementos que completan un deseño que encaixa na nova política da Federación Española de Golf.
Para cubrir o arranque do campo, a empresa precisaría entre 400 e 500 socios. Ademais, este mesmo luns abrirase unha campaña de captación de socios, que concederá importantes vantanxes ós que se inscriban antes do 31 de setembro.
Redacción Salnés








