A vendima no Salnés arrinca de xeito tímido

    vendima_100_220909.jpgSALNÉS> A climatoloxía favorable fará que o groso da colleita se produza entre o xoves e a fin de semana para que a uva acade maior graduación.

    {flowplayer}images/salnes/220909_vendima.flv{/flowplayer}

    A predición meteorolóxica indica que durante toda esta semana manterase un tempo estable, con ceos despexados e temperaturas en torno ós 25 graos. Esta é unha das principais razóns pola que gran parte das adegas do Salnés están retrasando uns días máis a vendima, de xeito que a uva consiga maior graduación. Aínda así, non tódalas parcelas seguen o mesmo ritmo de maduración. Por iso, nalgunhas como esta da Cooperativa Condes de Albarei xa comezaban onte a recolección dos froitos.

    Técnicos e viticultores coinciden en que este ano, as condicións climatolóxicas para a vendima non poden ser mellores. Incluso as chuvias desta última fin de semana beneficiaron ós viñedos, xa que algunhas uvas estaban ó borde da deshidratación e ademais axudaron a limpar os posibles restos de produtos fitosanitarios.

    Á tradicional estampa dos tractores carrexando uva polas estradas, únese a dos vendimadores baixo as parras. Entre eles, moitos que repiten cada ano, pero tamén caras novas que aproveitan esta época para facerse cuns ingresos extra.

    Segundo datos barallados polo Consello Regulador, entre tódalas subzonas da DO xa se levan colleitados en torno ó 4 millóns de quilos de uva.

    Redacción Salnés