Veciños de Fonte da Laxe volven a reclamar a instalación de bandas sonoras

    vecios_fonte_laxe_100.jpgVILAGARCÍA > Os Veciños de Fonte da Laxe en Vilagarcía denuncian de novo a falla de seguridade vial que existe neste lugar,…

    … onde arestora circula unha gran cantidade de vehículos que pretenden así esquivar o importante atasco circulatorio do centro urbán. Fai algo máis de corenta días, estes veciños acudían ós medios de comunicación para pedir á alcaldesa que lles colocase unhas bandas sonoras que fagan diminuír a velocidade ca que transitan estes veciños por estes lugares tan estreitos. Daquela á alcaldesa pediu paciencia asegurando que xa estaban mercadas as anteditas bandas. Agora, pasado un tempo que os veciños estiman prudencial e suficiente, volven a denunciala mesma situación e anuncian que esta mesma fin de semana acordarán as medidas de presión que van a implantar nos vindeiros días.

    Esta xuntanza vai a ter lugar o vindeiro domingo ás oito da tarde no local de San Roque, independentemente de que se coloquen as bandas estes días ou non, tal e como lles adiantou hoxe mesmo a alcaldesa local, Dolores García, por vía telefónica.

    Estes veciños aseguran sentirse bastante abandonados e moi descontentos co trato que lles está a dar o Concello; ó que piden tamén que lles acometa outras importantes melloras neste núcleo; como a limpeza de beiravías, a sinalización do lugar, o arranxo da recollida de pluviais, a colocación dunha baranda no mirador ou o asfaltado de varios camiños, entre outras.

    Estes afectados insisten en que se lles atenda antes de que aconteza algunha desgracia e despois xa non haxa remedio posible.

    Redacción Salnés