A Orde da Ameixa de Carril celebra un capítulo exitoso estreándose no Pazo da Golpelleira

VILAGARCÍA> O Capítulo da Orde da Ameixa estreou este ano localización. A cita celebrouse no Pazo da Golpelleira, en Vilagarcía, despois da ruptura entre a directiva dos Parquistas de Carril e a confraría. O que non cambiou foi a esencia do acto, no que se nomearon as novas donas e cabaleiros que xa son membros da orde.

Ademais da conselleira de Vivenda, María Martínez, vestiron por primeira vez a súa capa  Milagros Señoráns, da Confraría dos Viños Rías Baixas, e Juan Andrés Pérez, capitán marítimo de Vilagarcía. Ademais, nomeouse a Carlos Romero Parquista Xoven, a Santiago Fernández Parquista de Honra e a Ameixa de Prata foi para o Pazo da Golpelleira. En canto á Ameixa de Ouro recaeu nos Mozos de Arousa.

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, exerceu como Gran Mestre por delegación do presidente da xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

Ademais do acto da orde, o evento completouse cun showcooking en directo con degustación da ameixa de Carril a cargo de Miguel Mosteiro, e cunha comida no propio pazo.