RIBADUMIA> A Xunta porá en marcha antes de que remate este ano a nova estratexia de prevención contra o desperdicio alimentario. A iniciativa incluirá un manifesto contra o desperdicio ao que poderán adherirse empresas, que contarán cun selo de garantía. Unha das que optan a facerse con este distintivo é Kiwi Atlántico. A empresa asentada en Ribadumia está a desenvolver un proxecto para o aproveitamento de produtos coa súa transformación en snakcs saudables.
En cuentión de meses Kiwi Atlántico, con base en Ribadumia, lanzará ao mercado a súa liña de produtos liofilizados, creados con froita que, noutro contexto, sería desperdiciada. Este é un exemplo de boas prácticas para poñerlle couto ao desperdicio alimentario. Nesa liña, a Xunta está a traballar a nova Estratexia de prevención de perdas e loita contra o desperdicio alimentario en Galicia.
A estratexia inclúe outras iniciativas. Unha das máis salientables é a posta a disposición dos produtores dunha plataforma web na cal por á venda aqueles excedentes ou produtos “imperfectos” que non conseguiron vender nas canles habituais.
No caso de Kiwi Atlántico, o aproveitamento de produto comeza no campo, con clasificacións por curta, media ou longa duración. Agora dan un paso máis coa nova planta de liofilizado para a creación dos snacks.
O alcalde de Ribadumia salienta o alcance deste proxecto que dá pulo ao medio rural e xera riqueza na zona.
A previsión da compañía é introducir os paquetes de petiscos no mercado nos vindeiros meses, incorporándoos a máquinas expendedoras.











