O Consello Nacional de Esquerda Unida impón xestoras en O Salnés e Vilagarcía

    VILAGARCIA> O Consello Nacional de Esquerda Unida  acordou a disolución do consello comarcal de o Salnés e o nomeamento dunha xestora. No caso da agrupación local de Vilagarcía de Arousa, un órgano similar encargárase para dirixir temporalmente a agrupación, inmersa dende hai meses nunha crise interna. Pola súa banda nin O Grove, nin a Illa sufrirán modificacións na súa estrutura. 

     

    Finalmente o Consello Nacional de Esquerda Unida decidiu disolver o consello comarcal impoñendo unha xestora. Un órgano similar velará pola agrupación local de Vilagarcía, que dende finais de xullo está sumida nunha importante crise interna. 

    Unha crise que quedou patente no pleno do 28 de xullo no que os concelleiros de Esquerda Unida Suso López e María Mosquera votaban en contra da ordenanza de terrazas e o seu compañeiro de partido Miguel Alves o facía no contrario. 

    A formación solicitou a arbitraxe do consello comarcal na crise. As queixas pola inactividade do Consello de O Salnés e a dimensión que estaba tomando a crise de Vilagarcía, xunto coas manifestacións públicas de Rubén Pérez, secretario da organización para apoiar o papel do portavoz municipal, así como a indignación do resto da agrupación local por este xesto, rematou por propiciar o nomeamento de xestoras en O Salnés e Vilagarcía. 

    Esta decisión parece non ser a única tomada polo Consello Nacional, senón que parece ser que tamén se acordou a apertura de expedientes a militantes da formación, entre os que parece ser que se atoparían Ramón Bueno e Miguel Alves, a pesar que dende a formación non confirmaron esta información. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/12/asamblea_disolucion_esquerda_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/12/asamblea_disolucion_esquerda.mp4{/flowplayer}