SALNÉS> A mancomunidade do Salnés non acometerá o proxecto da senda peonil entre Cambados e Vilanova. A situación difícil situación económica actual impide ao ente comarcal xestionar o proxecto. Marta Giráldez tamén advertiu ao alcalde de Vilanova que non está en situación de esixir xa que a súa vila é a que máis debe.
A Xunta de Galicia destinou nos seus orzamentos un millóns de euros as melloras de saneamento en Vilanova e Cambados. Uns investimentos que segundo o alcalde de Vilanova, e expresidente da mancomunidade do Salnés, son parte dun proxecto do ente comarcal para crear unha senda peonil entre ambas vilas. Dende a mancomunidade valoran positivamente a creación da senda pero advirten que non están nunha situación económica favorable para xestionar o proxecto.
Segundo a presidenta, en ningún momento a xunta nin augas de Galicia contaron co seu equipo para informalos sobre o proxecto.
A presidenta da Mancounidade lembra ao alcalde vilanovés que a súa vila é a que máis debe da comarca e que non está en posición de esixir.
Ao non participar a mancomunidade, a xestión da senda queda en mas dos concellos. Dende Vilanova xa anunciaron que rematarán a súa parte do proxecto aínda que no participe o ente comarcal.