VILAGARCÍA> Os Xoves abertos encherán de música Vilagarcía. O colectivo de comerciantes e hostaleiros Zona Aberta impulsa este ciclo de actuacións en varios puntos da cidade. O obxectivo é dinamizar as rúas do municipio con actuacións ao solpor. Ademais, en cada un dos cinco xoves que vai durar o programa haberá un sorteo dun pack de experiencias entre todos os tickets de compra.
A música volverá ser a gran protagonista nas vindeiras semanas en Vilagarcía grazas a Zona Aberta. O colectivo de comerciantes e hostaleiros organiza os Xoves Abertos, unha proposta que levará actuacións musicais a distintos puntos da cidade.
En total, o ciclo inclúe actuacións ao longo de cinco xoves, polo que serán cinco os sorteos que se organicen.
Os Xoves Abertos arrancan esta mesma semana nas Pistas, con Perfect Strangers. O 2 de xullo Algo pasa con Mery está en Méndez Núñez; o día 9 Giulia Bianco na Baldosa e o 27 The Velvet Crab en Arzobispo Lago. Unha semana antes, o día 16, Los Bics actuarán no Castro.
De novo, o concello de Vilagarcía colabora con esta iniciativa.
As bases destes sorteos pódense consultar nos locais asociados a Zona Aberta.











