As precipitacións poderían retrasar os primeiros traballos de vendima

    uvalluvia copia100.jpgCAMBADOS> De non prolongarse moito tempo, as chuvias mellorarían a cantidade e a calidade das uvas de Rías Baixas.

    {flowplayer}images/salnes/INFLUENCIA_CHUVIAS_VENDIMA.flv{/flowplayer}

    No Salnés, as precipitacións rexistradas durante a madrugada de hoxe roldaron os 20 litros por metro cadrado, segundo datos de MeteoGalicia. Debido á intensidade das chuvias, a auga calou no chan dos viñedos e foi aproveitada polas raíces, contribuíndo á loita das plantas contra a seca que levan arrastrando todo o verán.

    A pesares da humidade, polo de momento non preocupa a aparición de enfermidades que afecten o froito maduro.

    As precipitacións de hoxe tampouco deberían atrasar os traballos de vendima. No caso de Condes de Albarei, a adega agarda realizar o groso dos traballos a vindiera semana, en función dos datos recollidos nos controis de maduración que se realizan case a diario.

    De aí que o consello dos técnicos de campo sexa manter a calma e continuar cos preparativos dunha colleita que se prevé histórica.

    Redacción Salnés